NOVAS


Aberta a inscrición ao seminario online de presentación do proxecto PURINPRECISO

22/05/2024

Aberta a inscrición ao seminario online de presentación do proxecto PURINPRECISO

O Grupo Operativo galego PURINPRECISO, do que BIOMODEM forma parte, organizará o martes 4 de xuño, ás 10:00h un webinar online para presentar o proxecto de innovación. Na xornada, representantes das entidades que integran o dito proxecto exporán os traballos que están realizando para lograr os obxectivos e resultados esperados de PURINPRECISO.


O Grupo Operativo galego PURINPRECISO nace en 2023 e busca deseñar e probar un equipo para a análise, control e documentación dixital en tempo real da aplicación de puríns con tanques distribuidores. Para iso, estase deseñando e avaliando un sistema intelixente propio de control e documentación dixital para equipos de aplicación de puríns, que proporcione información sobre os nutrientes do purín para a regulación en tempo real da dose de aplicación do producto en función das necesidades do solo e o cultivo.

No marco das actividades de divulgación do proxecto, organízase este webinar online gratuíto para dar a coñecer, entre os distintos axentes do sector e o público en xeral, os obxectivos, actividades en desenvolvemento e avances do proxecto de innovación. Ademais, cada unha das entidades participantes no Grupo Operativo galego PURINPRECISO comentarán o papel que están a levar a cabo no proxecto, así como o impacto positivo que este terá nos sectores agrícola e gandeiro.

O webinar contará coas relatoras de representantes das catro entidades galegas que integran o proxecto, Talleres Carruxo S.L., SAT As Pandas, a Universidade Santiago de Compostela a través dos grupos de investigación BioModem, Visión Artificial e Arquitectura de Computadores; e FEUGA. Ademais, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM-Agacal), participa no proxecto en calidade de entidade cooperante.

O evento en liña terá lugar o martes 4 de xuño e será gratuíto, unicamente sendo necesario completar o formulario de inscripción. A súa duración será de 10:00h a 12:00h a través da plataforma Zoom.

Consulta a programación do evento aquí.

PURINPRECISO está financiado polas axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas nun 80% co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan Estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027, con fondos propios da Xunta de Galicia nun 14% e con fondos do Ministerio de Agricultura,  Pesca e Alimentación nun 6%. A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega á que lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural, e engloba as competencias en materia de agricultura, gandaría, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.

Orzamento total PURINPRECISO: 180.000,00€ (100% subvencionado)

Compartir



BioMODEM - Enxeñaría de Biosistemas
Universidade de Santiago de Compostela - Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
R/ Benigno Ledo, Campus Terra · 27002 Lugo · (España)
Telf: +34 982 823 304 · E-mail:  info@biomodem.es

 

Esta páxina web foi financiada polas Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, na modalidade de grupos con potencial de crecemento no ámbito do Sistema universitario de Galicia concedidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2018). Dende o ano 2008, BioMODEM vén recibindo a designación de Grupo con Potencial de Crecemento pola Xunta de Galicia.

  @ 2020 BioMODEM ENXEÑARÍA DE BIOSISTEMAS   |   Aviso Legal   |  Política de Privacidad   |   Política de Cookies   |   Contacto