NOVAS


BioModem coordina o curso de formación de asesores sobre AgroTecnoloxía organizado pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL)

22/12/2022

BioModem coordina o curso de formación de asesores sobre AgroTecnoloxía organizado pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL)

Entre o 12 e 16 de decembro tivo lugar no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) o curso de formación de asesores sobre Agrotecnoloxía organizado pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL). O curso, coordinado polo investigador de BioModem Javier Bueno, abordou temáticas como os sistemas de posicionamento por satélite, as novas tecnoloxías nos tractores e nas máquinas distribuidoras de fertilizantes e fitosanitarios ou a agricultura e gandería de precisión. No curso tamén participou como poñente o membro de BioModem José Manuel Pereira. Os asistentes foron técnicos da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia interesados en actualizar os seus coñecementos sobre o uso de novas tecnoloxías nos sistemas de produción agraria. No curso tamén colaboraron as empresas Agrícola Noroeste, Durán Maquinaria e Climate Field View, que impartiron talleres prácticos sobre solucións tecnolóxicas novedosas en maquinaria agrícola ou software para xestión de cultivos utilizando imaxes de satélites.

Compartir



BioMODEM - Enxeñaría de Biosistemas
Universidade de Santiago de Compostela - Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
R/ Benigno Ledo, Campus Terra · 27002 Lugo · (España)
Telf: +34 982 823 304 · E-mail:  info@biomodem.es

 

Esta páxina web foi financiada polas Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, na modalidade de grupos con potencial de crecemento no ámbito do Sistema universitario de Galicia concedidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2018). Dende o ano 2008, BioMODEM vén recibindo a designación de Grupo con Potencial de Crecemento pola Xunta de Galicia.

  @ 2020 BioMODEM ENXEÑARÍA DE BIOSISTEMAS   |   Aviso Legal   |  Política de Privacidad   |   Política de Cookies   |   Contacto