NOVAS


BioModem participa como socio no proxecto MILLOPRECISO Agricultura de Precisión con Millo Forraxeiro en Galicia

10/11/2022

BioModem participa como socio no proxecto MILLOPRECISO Agricultura de Precisión con Millo Forraxeiro en Galicia

O proxecto centrarase no desenvolvemento da agricultura de precisión en Galicia en maíz forraxeiro, técnica agrícola que permite unha xestión eficiente de recursos mellorando a produtividade dos cultivos.

Proponse desenvolver un procedemento de elaboración de mapas de rendemento que depure os erros que aparecen nos datos en bruto rexistrados polas colleitadoras autopropulsadas de forraxe. Co adecuado tratamento da información poderase xerar un maior valor engadido ao utilizar os mapas de rendemento para optimizar as doses de sementeira e de fertilizantes no cultivo do millo forraxeiro en Galicia. Mediante a análise da calidade dos datos obtidos polas máquinas, establecerase un método de procesamento para depuralos e obter mapas que poidan ser utilizados para mellorar a eficiencia do sistema de produción do millo forraxeiro en Galicia.


Obxectivos

Pór á disposición de gandeiros e agricultores un novo procedemento fiable para a toma de decisións no cultivo do millo forraxeiro, utilizando os mapas de rendemento do cultivo para mellorar a sustenbilidade ambiental e económica das explotacións de vacún de leite. 
Elaboración de mapas de rendemento das parcelas mellorados, depurando a información en bruto recollida polas colleitadoras. Para iso eliminaranse os erros sistemáticos e aleatorios que se detecten e establecerase un protocolo para realizar este procesado da información.
Introducir en Galicia a tecnoloxía requirida para poder documentar de forma xeorreferenciada a produción de millo forraxeiro dunha parcela en tempo real. Comprobar o seu correcto funcionamento e formar aos operarios para a súa utilización nas parcelas dos gandeiros.

Utilizar a información dos mapas de rendemento obtidos polas colleitadoras para optimizar as operacións de sementeira e fertilización das parcelas de millo forraxeiro.

 

Resultados esperados

Elaboración dun protocolo para limpar datos en bruto de mapas de rendemento do cultivo de millo forraxeiro posto a punto.
Mapas de rendemento do cultivo de millo forraxeiro fiables para utilizalos na xestión do cultivo.
Tecnoloxía de agricultura de precisión para poder elaborar mapas de rendemento do cultivo de millo forraxeiro aos gandeiros dispoñible en Galicia. Operarios formados para a súa utilización práctica nas explotacións.
Optimización das operacións de sementeira e fertilización das parcelas de millo forraxeiro, con base na información dos mapas de rendemento obtidos.
Guía de boas prácticas para realizar os mapas de prescrición.

 

SOCIOS

Marcos Otero S.L. (representante)

Ganadería Francisco López Pena

Universidade de Santiago de Compostela a través do Grupo BioModem

FEUGA

 

ORZAMENTO

180.000 €

Subvención

180.000 €

75% Feader

 

Este proxecto está financiado polas axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.  A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega á que lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural, e engloba as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.

Compartir



BioMODEM - Enxeñaría de Biosistemas
Universidade de Santiago de Compostela - Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
R/ Benigno Ledo, Campus Terra · 27002 Lugo · (España)
Telf: +34 982 823 304 · E-mail:  info@biomodem.es

 

Esta páxina web foi financiada polas Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, na modalidade de grupos con potencial de crecemento no ámbito do Sistema universitario de Galicia concedidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2018). Dende o ano 2008, BioMODEM vén recibindo a designación de Grupo con Potencial de Crecemento pola Xunta de Galicia.

  @ 2020 BioMODEM ENXEÑARÍA DE BIOSISTEMAS   |   Aviso Legal   |  Política de Privacidad   |   Política de Cookies   |   Contacto