11/11/2024
O pasado 28 de outubro, o programa "A Crónica" de Radio Galega dedicou un espazo ao impulso do medio rural, e fíxose eco da xornada de presentación de proxectos de innovación no sector agroalimentario e forestal, que tivo lugar o 29 de outubro na sede de FEUGA. Durante este espazo, entrevistaron a Javier Bueno Lema, membro do grupo BIOMODEM da Universidade de Santiago de Compostela, para dar a coñecer o percorrido, os avances e os logros acadados no proxecto MILLOPRECISO.
Este proxecto foi posible grazas á colaboración de diversas entidades que forman parte do grupo operativo, entre elas: o grupo BIOMODEM da Universidade de Santiago, a empresa Marcos Otero SL, a gandaría Ladrela e a Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA).
Podes escoitar a entrevista completa, dos minutos 00:32 a 00:39, no seguinte enlace:
Este proxecto está financiado polas axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas nun 75% co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, con fondos propios da Xunta de Galicia nun 22.5% e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 2.5%. A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega á que lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural, e engloba as competencias en materia de agricultura, gandaría, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais. Orzamento total do proxecto: 180.000€ Subvención: 180.000€
BioMODEM - Enxeñaría de Biosistemas
Universidade de Santiago de Compostela - Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
R/ Benigno Ledo, Campus Terra · 27002 Lugo · (España)
Telf: +34 982 823 304 · E-mail: info@biomodem.es
Esta páxina web foi financiada polas Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, na modalidade de grupos con potencial de crecemento no ámbito do Sistema universitario de Galicia concedidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2018). Dende o ano 2008, BioMODEM vén recibindo a designación de Grupo con Potencial de Crecemento pola Xunta de Galicia.