NOVAS


O Grupo Operativo Millopreciso organiza un webinar online gratuito

13/10/2023

O Grupo Operativo Millopreciso organiza un webinar online gratuito
  1. O Grupo Operativo galego Millopreciso, no que participa o grupo BioModem, organiza o martes 24 de outubro, ás 10:00h, un webinar online para presentar o proxecto de innovación. Na xornada, representantes das entidades que integran o dito proxecto exporán os traballos que están realizando para lograr os obxectivos e resultados esperados de Millopreciso.  

O Grupo Operativo galego Millopreciso nace en 2022 e busca o desenvolvemento da agricultura de precisión en Galicia no cultivo do millo forraxeiro. Esta técnica permitirá unha xestión máis eficiente dos recursos agrícolas mediante a análise de datos recollidos durante todo o ciclo produtivo do cultivo, o que derivará nun incremento da produtividade do maíz forraxeiro.

No marco das actividades de divulgación do proxecto, organízase este webinar online gratuíto para dar a coñecer, entre os distintos axentes do sector e o público en xeral, os obxectivos, actividades en desenvolvemento e avances do proxecto de innovación. Ademais, cada unha das entidades participantes no Grupo Operativo galego Millopreciso, entre as que se atopa BioModem, comentaremos o papel que levamos a cabo no proxecto, así como o impacto positivo que este terá nos sectores agrícola e gandeiro.

O webinar contará coas intervencións de representantes das catro entidades galegas que integran o proxecto: FEUGA, Marcos Otero S.L., a Gandería Francisco López Pena e o grupo de investigación de Modelización, Enerxía e Mecanización de Biosistemas (BIOMODEM) da Universidade de Santiago de Compostela.

  1. Cándo: martes, 24 de outubro, ás 10:00h.
  2. Dónde: online, vía Zoom
  3. Duración: 10:00h – 12:00h.
  4. Consulta o programa aquí
  5. Inscríbete aquí

Millopreciso está financiado polas axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas nun 75% co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, con fondos propios da Xunta de Galicia nun 22,5% e do Ministerio de Agricultura,  Pesca e Alimentación nun 2,5%. A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega ao que lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural, e engloba as competencias en materia de agricultura, gandaría, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.

Orzamento total Millopreciso: 180.000,00€ (100% subvencionado) 

 

Compartir



BioMODEM - Enxeñaría de Biosistemas
Universidade de Santiago de Compostela - Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
R/ Benigno Ledo, Campus Terra · 27002 Lugo · (España)
Telf: +34 982 823 304 · E-mail:  info@biomodem.es

 

Esta páxina web foi financiada polas Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, na modalidade de grupos con potencial de crecemento no ámbito do Sistema universitario de Galicia concedidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2018). Dende o ano 2008, BioMODEM vén recibindo a designación de Grupo con Potencial de Crecemento pola Xunta de Galicia.

  @ 2020 BioMODEM ENXEÑARÍA DE BIOSISTEMAS   |   Aviso Legal   |  Política de Privacidad   |   Política de Cookies   |   Contacto