04/08/2026
Tras tres anos de traballo centrados na optimización e dixitalización da xestión de xurros, o Grupo Operativo PURINPRECISO, no que participa BioModem, celebrou o seu evento final o 13 de maio de 2026 no marco da xornada demostrativa DIGIPURIN 2, un evento dedicado á innovación e á agricultura de precisión.
A xornada tivo lugar na Granxa Gayoso Castro, en Lugo, e reuniu profesionais do sector agrícola, empresas tecnolóxicas, fabricantes e técnicos interesados en coñecer as últimas solucións para unha xestión máis eficiente e sostible do xurro.
A xornada tivo lugar na Granxa Gayoso Castro, en Lugo, e reuniu profesionais do sector agrícola, empresas tecnolóxicas, fabricantes e técnicos interesados en coñecer as últimas solucións para unha xestión máis eficiente e sostible do xurro.
Durante a xornada, presentáronse os principais resultados obtidos polo Grupo Operativo PURINPRECISO, amosando como a dixitalización e as novas tecnoloxías poden contribuír a mellorar a fertilización, optimizar os recursos e reducir o impacto ambiental das aplicacións de xurros.
O programa tamén contou coa participación de Talleres Carruxo, que proporcionou a visión dos fabricantes de tanques de purín sobre os retos e oportunidades do sector. Ademais, os asistentes puideron aprender de primeira man sobre diferentes sistemas de distribución destinados a reducir as emisións, mediante demostracións de aplicación con plato de choque, barra con tubos colgantes e barra con patins.
Este proxecto está financiado polas axudas para a execución de proxectos innovadores dos Grupos Operativos da Asociación Europea para a Innovación (AEI), cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola para o Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan Estratéxico para a Política Agrícola Común (PEPAC) 2023-2027. A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega responsable de propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural e abarca as competencias en materia da agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa de incendios forestais. Orzamento: 180.000,00 €.
O proxecto está composto por un equipo multidisciplinar formado por Talleres Carruxo SL, os grupos de I+D+i BioModem, Visión Artificial e Arquitectura Computacional da Universidade de Santiago de Compostela (USC), SAT As Pandas, a Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) e, como entidade cooperante, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM-Agacal).

BioMODEM - Enxeñaría de Biosistemas
Universidade de Santiago de Compostela - Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
R/ Benigno Ledo, Campus Terra · 27002 Lugo · (España)
Telf: +34 982 823 304 · E-mail: info@biomodem.es

Esta páxina web foi financiada polas Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, na modalidade de grupos con potencial de crecemento no ámbito do Sistema universitario de Galicia concedidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2018). Dende o ano 2008, BioMODEM vén recibindo a designación de Grupo con Potencial de Crecemento pola Xunta de Galicia.