NOVAS


Os socios do proxecto MILLOPRECISO, Agricultura de Precisión con Millo Forraxeiro en Galicia, reúnense na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra

09/02/2023

Os socios do proxecto MILLOPRECISO, Agricultura de Precisión con Millo Forraxeiro en Galicia, reúnense na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra

Os socios do proxecto MILLOPRECISO, Agricultura de precisión con millo forraxeiro en Galicia, celebraron este mércores 8 de febreiro unha reunión de coordinación nas instalacións da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus Terra. Á reunión asistiron Marcos Otero en representación da empresa de servizos Marcos Otero S.L., Francisco López en representación de Gandería Ladrela, Javier Bueno do grupo de I+D BioModem da EPSE e Anxela Montero e Beatriz Moure por parte de FEUGA.


Na reunión revisáronse as actividades e tarefas técnicas que se van realizar na segunda anualidade do proxecto que rematará o próximo 30 de setembro. Tamén se planificaron as tarefas de divulgación a desenvolver na anualidade e a execución do orzamento previsto.

O proxecto MILLOPRECISO céntrase no desenvolvemento da agricultura de precisión en Galicia co cultivo do millo forraxeiro. Este sistema de xestión permite unha utilización máis eficiente dos recursos mellorando a produtividade do cultivo.

MILLOPRECISO propón desenvolver un procedemento de elaboración de mapas de rendemento que depure os erros que aparecen nos datos en bruto rexistrados polas colleitadoras autopropulsadas de forraxe. Co adecuado tratamento da información poderase xerar un maior valor engadido ao utilizar os mapas de rendemento para optimizar as doses de sementeira e de fertilizantes no cultivo do millo forraxeiro en Galicia. Mediante a análise da calidade dos datos obtidos polas máquinas, establecerase un método de procesamento para depuralos e obter mapas que poidan ser utilizados para mellorar a eficiencia do sistema de produción do millo forraxeiro en Galicia.

Financiamento:

Orzamento total do proxecto: 180.000 € Subvención: 180.000 €

Este proxecto está financiado polas axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas nun 75% co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 con fondos propios da Xunta de Galicia nun 22.5% e con fondos do Ministerio de Agricultura,  Pesca e Alimentación nun 2.5%. A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega á que lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural, e engloba as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.

Compartir



BioMODEM - Enxeñaría de Biosistemas
Universidade de Santiago de Compostela - Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
R/ Benigno Ledo, Campus Terra · 27002 Lugo · (España)
Telf: +34 982 823 304 · E-mail:  info@biomodem.es

 

Esta páxina web foi financiada polas Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, na modalidade de grupos con potencial de crecemento no ámbito do Sistema universitario de Galicia concedidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2018). Dende o ano 2008, BioMODEM vén recibindo a designación de Grupo con Potencial de Crecemento pola Xunta de Galicia.

  @ 2020 BioMODEM ENXEÑARÍA DE BIOSISTEMAS   |   Aviso Legal   |  Política de Privacidad   |   Política de Cookies   |   Contacto