INVESTIGACIÓN


Listaxe de Liñas


O grupo formado por doce membros especialistas en enerxía, mecanización, termotecnia, expresión gráfica e modelización agroforestal traballando conxuntamente para acadar este enfoque global na agricultura, gandería e na xestión forestal.

As liñas de investigación do grupo, abórdanse cun enfoque global con especialistas en enerxía, mecanización e modelización agroforestal traballando conxuntamente e son:

  • Monitoraxe, modelización e control de variables ambientais, animais e produtivas en explotacións gandeiras. Benestar animal.
  • Aplicación das enerxías renovables, sustentabilidade e eficiencia enerxética no medio rural.
  • Agricultura de precisión. Smart Farming.
  • Gandería de precisión. Mecanización de explotacións gandeiras.
  • Sistemas de labra e recolección en pataca e cultivos forraxeiros (millo forraxeiro e pratenses).
  • Xestión loxística de parques de maquinaria. Modelado, simulación e xestión de rutas.
  • Optimización de redes de drenaxe subterránea para solos agrícolas.
  • Calidade da madeira, aptitude tecnolóxica (física e química) e certificación con mellora da trazabilidade do produto segundo a súa aplicabilidade nas industrias de primeira e segunda transformación.
  • Desenvolvemento sostible do mundo rural: Planificación, xestión e uso da madeira de especies frondosas caducifolias na industria tonelera.
  • Procesado, valorización e aplicacións de subproductos e residuos de industrias agroalimentarias

 

Nesta figura amósase o ámbito de actuación do grupo, comprometido coa mellora do medio rural mediante o emprego da enxeñería de biosistemas levada á fronteira do coñecemento.

Para acadar este enfoque global disponse de especialistas en enerxía, mecanización e modelización agroforestal traballando conxuntamente. Na enerxía traballan 4 profesores e un investigador predoutoral, investigando en enerxías renovables e eficiencia enerxética en explotacións gandeiras. En mecanización agroforestal destacan a agricultura e gandería de precisión, os sistemas de laboreo, a eficiencia no transporte e a xestión de residuos, ao que se adican 7 profesores. En modelización forestal traballan 2 profesores e unha investigadora en formación, perseguindo a valorización dos produtos forestais mediante producións certificadas de calidade. A actuación conxunta de especialistas en enerxía e mecanización permitirá desenvolver explotacións gandeiras e agrícolas intelixentes (smart farming).

Compartir



BioMODEM - Enxeñaría de Biosistemas
Universidade de Santiago de Compostela - Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
R/ Benigno Ledo, Campus Terra · 27002 Lugo · (España)
Telf: +34 982 823 304 · E-mail:  info@biomodem.es

 

Esta páxina web foi financiada polas Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, na modalidade de grupos con potencial de crecemento no ámbito do Sistema universitario de Galicia concedidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2018). Dende o ano 2008, BioMODEM vén recibindo a designación de Grupo con Potencial de Crecemento pola Xunta de Galicia.

  @ 2020 BioMODEM ENXEÑARÍA DE BIOSISTEMAS   |   Aviso Legal   |  Política de Privacidad   |   Política de Cookies   |   Contacto