EQUIPO


Quen Somos / Historia


Quen Somos

O grupo de investigación BioMODEM, acrónimo de Modelización, Enerxía e Mecanización en Biosistemas, pertence á Universidade de Santiago de Compostela, desenvolve a súa actividade na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo.  Centra o seu ámbito de investigación nas smart farming e o desenvolvemento sustentable do mundo rural, tanto para empresas, particulares e administracións públicas. Cunha visión de bioeconomía circular, a eficiencia e a sustentabilidade son eixos transversais da nosa actividade investigadora.

 

Historia do Grupo

En 1996, profesorado universitario do Departamento de Enxeñaría Agroforestal dos corpos docentes de electrotecnia e mecanización, agrupan esforzos para iniciar un camiño de investigación aplicada ao mundo rural. A través da realización de proxectos e contratos de investigación este grupo foi medrando, incorporando novos membros e disciplinas, modelización forestal, expresión gráfica e termotecnia. Deste xeito, con máis experiencia, máis masa crítica e unha visión integral do sistema agroforestal galego, o grupo chegou á súa composición actual, caracterizada polo compromiso co medio rural e centrado na enxeñaría de biosistemas con proxección internacional.

Compartir



BioMODEM - Enxeñaría de Biosistemas
Universidade de Santiago de Compostela - Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
R/ Benigno Ledo, Campus Terra · 27002 Lugo · (España)
Telf: +34 982 823 304 · E-mail:  info@biomodem.es

 

Esta páxina web foi financiada polas Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, na modalidade de grupos con potencial de crecemento no ámbito do Sistema universitario de Galicia concedidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2018). Dende o ano 2008, BioMODEM vén recibindo a designación de Grupo con Potencial de Crecemento pola Xunta de Galicia.

  @ 2020 BioMODEM ENXEÑARÍA DE BIOSISTEMAS   |   Aviso Legal   |  Política de Privacidad   |   Política de Cookies   |   Contacto