PUBLICACIÓNS


Introducción


BioMODEM, (GI-1720) da USC, centra o seu ámbito de investigación nas smart farming e o desenvolvemento sustentable do mundo rural.

Dende 1996 BioMODEM vén realizando investigación a nivel galego, nacional e internacional con gran vocación de servizo cara ao tecido produtivo do ámbito agroforestal.

BioMODEM preséntase como un grupo con gran potencial de crecemento para dar resposta a problemas reais da produción agraria, gandeira e forestal. Este grupo de investigación multidisciplinar proxecta unha visión integral da explotación e transformación agroforestal, baixo a óptica da bioecomía circular. Está comprometido coa sustentabilidade, a eficiencia e a aplicación das novas tecnoloxías para a súa mellora aplicando os coñecementos obtidos da investigación.

BioMODEM desenvolve distintas liñas de investigación agrupadas en modelización, enerxía e mecanización.

 

MÁIS INFORMACIÓN >

Compartir



BioMODEM - Enxeñaría de Biosistemas
Universidade de Santiago de Compostela - Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
R/ Benigno Ledo, Campus Terra · 27002 Lugo · (España)
Telf: +34 982 823 304 · E-mail:  info@biomodem.es

 

Esta páxina web foi financiada polas Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, na modalidade de grupos con potencial de crecemento no ámbito do Sistema universitario de Galicia concedidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2018). Dende o ano 2008, BioMODEM vén recibindo a designación de Grupo con Potencial de Crecemento pola Xunta de Galicia.

  @ 2020 BioMODEM ENXEÑARÍA DE BIOSISTEMAS   |   Aviso Legal   |  Política de Privacidad   |   Política de Cookies   |   Contacto