NOVAS


BioModem organiza a xornada DIGIPURÍN: Dixitalización de aplicacións de xurro

20/10/2025

BioModem organiza a xornada DIGIPURÍN: Dixitalización de aplicacións de xurro

A Granxa Gayoso Castro, en Castro de Ribeiras de Lea (Lugo), será o escenario o próximo 30 de outubro da xornada DIGIPURIN, un encontro técnico dedicado a mostrar as últimas innovacións na aplicación e xestión dixital do xurro. A cita, organizada polo grupo BioModem en colaboración co Centro de Competencias Dixitais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación reunirá a técnicos, gandeiros e empresas do sector agrogandeiro interesados en mellorar a eficiencia e sustenbilidade desta práctica clave para o aproveitamento de nutrientes nas explotacións.

 


O programa, que se desenvolverá de 10:00 a 15:00 horas, combina demostracións de campo e sesións prácticas sobre ferramentas de dixitalización e control técnico. Entre os contidos destacan os sistemas de distribución de purín con baixas emisións, a medición de nutrientes mediante sensores —como a tecnoloxía NIRS ou a condutividade eléctrica— e o uso de software de rexistro e trazabilidade para documentar todo o proceso de fertilización.

Durante a xornada, os asistentes poderán observar distintos equipos de aplicación, desde sistemas de prato de choque ata barras con tubos colgantes ou rellas de enterrado, e comprobar como as ferramentas dixitais permiten optimizar o uso dos puríns segundo a súa composición e as necesidades do cultivo.

A iniciativa forma parte da rede de demostradores posta en marcha polo Centro de Competencias Dixitais, a cal busca acercar a dixitalización ao sector mediante demostracións prácticas en diferentes puntos de España. O seu obxectivo é mellorar a eficiencia dos recursos e reducir o impacto ambiental, aliñándose coas políticas europeas de sustentabilidade agraria.

A participación na xornada é gratuíta, aínda que require inscrición previa, xa que as prazas están limitadas a 50 persoas. Máis información e rexistro en www.digipurin.com.

 

Compartir



BioMODEM - Enxeñaría de Biosistemas
Universidade de Santiago de Compostela - Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
R/ Benigno Ledo, Campus Terra · 27002 Lugo · (España)
Telf: +34 982 823 304 · E-mail:  info@biomodem.es

 

Esta páxina web foi financiada polas Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, na modalidade de grupos con potencial de crecemento no ámbito do Sistema universitario de Galicia concedidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2018). Dende o ano 2008, BioMODEM vén recibindo a designación de Grupo con Potencial de Crecemento pola Xunta de Galicia.

  @ 2020 BioMODEM ENXEÑARÍA DE BIOSISTEMAS   |   Aviso Legal   |  Política de Privacidad   |   Política de Cookies   |   Contacto