02/01/2024
Os días 30 e 31 de xaneiro de 2024 celebrouse no Centro de Formación Agraria de Viñalta (Palencia) o obradoiro formativo "Agricultura e Dixitalización – Cara a unha Agricultura de Datos". Na sesión do día 31 o investigador de BioModem Javier Bueno presentou o proxecto MILLOPRECISO coa ponencia titulada "Colleitando datos de millo forraxeiro".
O evento estivo organizado polo Instituto para a Competitividade Empresarial de Castilla e León (ICE) e O Centro Tecnolóxico Agrario e Agroalimentario ITAGRA.CT, no marco do Programa de Capacitación e Apoio á I+D+i Empresarial "Centr@Tec". O obxectivo da xornada foi dar a coñecer as aplicacións destas tecnoloxías nun sector fundamental a nivel nacional como é o agroalimentario, para pór en valor novas oportunidades de negocio e emprendemento, atracción de talento, e promoción das liñas de investigación.
A sesión finalizou cunha táboa redonda na que se abordou a perspectiva actual da dixitalización do sector agrario na que o representante de BioModem participou xunto a Sergio Menéndez (Grupo AN), Nicolás Molina (CESENS), Nacho Tobalina (Bayer Crop Science), Jorge Miñón (AGRAE) e Marcos Esteve (Joven Agricultor).
O proxecto MILLOPRECISO conta cun orzamento total de 180.000,00€ financiado polas axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas nun 75% co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 con fondos propios da Xunta de Galicia nun 22.5% e con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 2.5%. A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega á que lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural, e engloba as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.
BioMODEM - Enxeñaría de Biosistemas
Universidade de Santiago de Compostela - Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
R/ Benigno Ledo, Campus Terra · 27002 Lugo · (España)
Telf: +34 982 823 304 · E-mail: info@biomodem.es
Esta páxina web foi financiada polas Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, na modalidade de grupos con potencial de crecemento no ámbito do Sistema universitario de Galicia concedidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2018). Dende o ano 2008, BioMODEM vén recibindo a designación de Grupo con Potencial de Crecemento pola Xunta de Galicia.