NOVAS


BioModem presenta a Cámara PerPlant con Intelixencia Artificial

12/09/2025

BioModem presenta a Cámara PerPlant con Intelixencia Artificial

Mércores 17 de setembro – 10:00 h – Nave-taller de mecanización – Pavillón 3

Escola Politécnica Superior de Enxeñaría – Campus Terra - Lugo


O futuro da agricultura pasará cada vez máis pola tecnoloxía de alta precisión, como robots, drons, satélites e sensores. Esta transición require que os agricultores adopten novas capacidades que poidan axudalos a monitorear as plantas con precisión centimétrica, procesar datos con alta definición e xerar información a nivel de planta en tempo real. Os sensores de visión artificial con cámara baseados en Intelixencia Artificial (IA) son unha tecnoloxía emerxente que van a incrementar sensiblemente as posibilidades de dixitalización a nivel de planta.

As cámaras baseadas en IA montadas en tractor ofrecen aos agricultores un sistema de cámara fácil de instalar que detecta o estado das plantas (nutrientes, pragas, enfermidades...) e aplica os insumos con precisión. Esta tecnoloxía apoia a agricultura sustentable mediante a redución do uso de produtos químicos (fertilizantes minerais e produtos fitosanitarios) e o aumento da precisión operativa a través da computación periférica e a integración satelital.

O sensor de cámara que se presenta móntase enriba da cabina do tractor, analiza o estado das plantas, a presencia de malas herbas e a biomasa en tempo real utilizando IA, o que permite unha aplicación moi precisa de fertilizantes e produtos fitosanitarios. O sistema procesa os datos directamente no dispositivo, sen dependencia da nube, o que permite variar inmediatamente os axustes nas máquinas que distribúen os insumos (pulverizadores hidráulicos, abonadoras centrífugas) durante as operacións de campo, permitindo a realización de aplicacións a dose variable (ADV). Ao combinar imaxes satelitais de Sentinel-2 con imaxes a nivel do solo, o sistema proposto crea mapas de prescrición dinámicos para estratexias de manexo de cultivos máis efectivas.

Compartir



BioMODEM - Enxeñaría de Biosistemas
Universidade de Santiago de Compostela - Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
R/ Benigno Ledo, Campus Terra · 27002 Lugo · (España)
Telf: +34 982 823 304 · E-mail:  info@biomodem.es

 

Esta páxina web foi financiada polas Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, na modalidade de grupos con potencial de crecemento no ámbito do Sistema universitario de Galicia concedidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2018). Dende o ano 2008, BioMODEM vén recibindo a designación de Grupo con Potencial de Crecemento pola Xunta de Galicia.

  @ 2020 BioMODEM ENXEÑARÍA DE BIOSISTEMAS   |   Aviso Legal   |  Política de Privacidad   |   Política de Cookies   |   Contacto